Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Cancelado o espectáculo de narración oral: Desta vai…?

14/03/2020|12:00 - 13:00

desta-vai-cancelado

Tras a medida tomada por causa do Covid-19 por parte da Xunta de Galicia que limita as concentracións en espazos cerrados a un máximo de 50 persoas, o Concello de Teo suspende a actividade Desta vai? programada no proxecto Apego prevista para este sábado 14 de marzo ás 12.00 na Biblioteca dos Tilos.

Está previsto que esta actividade se desenvolva no futuro, polo que iremos informando no Facebook do Concello de Teo e no de Apego. As familias inscritas para esta edición terán prioridade nesa nova data.

Desculpen as molestias.

 

Con Vero Rilo

Sábado, 14 de marzo ás 12 h.

Biblioteca dos Tilos

Desta vai…? É un espectáculo-obradoiro de narración oral para familias con crianzas de 0 a 3 años, da man da narradora e educadora Vero Rilo.

Arrolar, contar, recitar e xogar en igualdade para durmir, soñar e medrar!

 

Prazas limitadas a 20 crianzas, acompañadas, preferiblemente, por unha persoa da familia. De balde con inscrición previa.

Inscricións a partir do 1 de marzo, por orde de entrada, enviando o nome completo das persoas asistentes ao enderezo-e politicalinguistica@teo.gal

Detalles

Data:
14/03/2020
Hora:
12:00 - 13:00

Organizador

Concello de Teo
Teléfono:
981815700
Web:
www.teo.gal

Lugar

Biblioteca dos Tilos
Parque dos Tilos
Teo,
+ Google Map

Pin It on Pinterest