Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS en Rianxo

12/08/2017|12:00 - 13:00

De balde
cartel_migallas_entre-arrolos-e-continos_1

Entre arrolos e contiños”, é unha sesión de contos con música destinada á xente miúda da casa. Os contos e a música que os acompaña van procurar estimular a súa curiosidade e o seu interese pola literatura e a tradición oral en lingua galega xa dende os primeiros anos da súa vida, e contribuirán tamén a espertar a súa sensibilidade musical.

Está especialmente recomendada para nenas e nenos de 6 meses a 3 anos, que organiza o Servizo de Normalización Lingüística dentro do programa Apego e que desenvolverán Beatriz Campos e Paulo Medal, de Migallas Teatro.

Para participar nesta actividade de balde, que se desenvolverá o sábado 12 de agosto, ás 12:00 h, no antigo Liceo marítimo de Rianxo, cómpre inscribirse no Servizo de Normalización Lingüística (planta baixa do concello, antigo xulgado), ou a través do teléfono 981860075 ou do correo electrónico normalizacion@concelloderianxo.gal ata o 10 de agosto.

Detalles

Data:
12/08/2017
Hora:
12:00 - 13:00
Prezo:
De balde
Etiquetas de Actividade:
, , ,

Organizador

SNL do Concello de Rianxo
Teléfono:
881988891
Email:
normalizacion@concelloderianxo.gal
Web:
http://concelloderianxo.gal/normalizacion

Lugar

Liceo marítimo de Rianxo
Rúa Rinlo
Rianxo, A Coruña 15920 Spain
+ Google Map

Pin It on Pinterest