Cargando Actividades

« All Actividades

Día do Apego na Coruña!

21 Setembro

cartel-dia-do-apego-2019

Na Coruña despedimos o verán e dámoslle a benvida ao outono cunha chea de actividades no Día do Apego, que se desenvolverá o vindeiro sábado 21 de setembro, de 10.30 a 13.30 h e de 16.00 a 19.30 h, no Centro Ágora.

Deste xeito, o Concello da Coruña quérelles agradecer a todas as familias a súa pertenza ao programa Apego e convidar outras novas a se sumaren a este proxecto colectivo que procura fomentar e mellorar a transmisión do galego como lingua inicial, de construír o futuro desde as raíces e a lingua propia.

Todas as actividades neste Día do Apego, que organiza o Servizo de Normalización Lingüística do concello, son gratuítas e van desde os espazos de entrada libre até os eventos que requiren a inscrición previa. Para estas últimas, terán preferencia as familias que forman parte do programa no noso concello; para elas, abrirase o prazo o xoves 12 de setembro, ás 10.00 h, e o martes 17 abrirase ao público en xeral, se quedaren prazas.

Programa de actividades

Pola mañá, ás 10.30 h, abriranse os diferentes espazos de entrada libre que, durante a xornada, estarán ao dispor das familias: o espazo de xogo libre Terra (de 10.30 a 13.30 h), o espazo de xogos de mesa Brazolinda (de 10.30 a 13.30 h e de 16.00 a 18.00 h) e a mostra comentada de recursos en galego Ali.gal (de 10.30 a 13.30 h e de 16.00 a 18.30 h).

Asemade, iranse ofrecendo as diferentes actividades (que requiren inscrición previa) ao longo da mañá e da tarde:

Na nosa axenda pódense consultar as condicións de cada unha das actividades, así como o xeito de inscrición nas que así o requiran.

Organizador

SNL do Concello da Coruña
Teléfono:
981184200
Email:
lingua@coruna.es
Web:
www.coruna.gal/lingua/gl

Lugar

Ágora
Lugar da Gramela, 17
A Coruña, A Coruña 15010
+ Google Map
Teléfono:
981 189 888

Pin It on Pinterest