Tempo de xogos guiados sobre lingua e cultura galegas para para contribuír á integración de nenos e nenas provenientes doutras comunidades lingüísticas.
Mentres construímos trebellos con habilidades manuais e plásticas achegámonos ás tradicións, á cultura popular, aos personaxes e á historia de Galicia: máscaras, xoguetes, instrumentos musicais, agasallos… feitos con materiais naturais e de refugallo.
Dirixido a nenas e nenos de 3 anos en diante.
Entrada libre ata completar a capacidade. Con prioridade para crianzas a cargo das persoas asistentes ao “Obradoiro de acollemento lingüístico” que se desenvolve simultaneamente.