Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

ADIADO!! Descubro a lingua creando – Espazo Apego en Santiago

30 Marzo|17:00 - 19:00

De balde
descubro-a-lingua-creando

Tempo de xogos guiados sobre lingua e cultura galegas para para contribuír á integración de nenos e nenas provenientes doutras comunidades lingüísticas.

Mentres construímos trebellos con habilidades manuais e plásticas achegámonos ás tradicións, á cultura popular, aos personaxes e á historia de Galicia: máscaras, xoguetes, instrumentos musicais, agasallos… feitos con materiais naturais e de refugallo.

Dirixido a nenas e nenos de 3 anos en diante.

Entrada libre ata completar a capacidade. Con prioridade para crianzas a cargo das persoas asistentes ao “Obradoiro de acollemento lingüístico” que se desenvolve simultaneamente.

Detalles

Data:
30 Marzo
Hora:
17:00 - 19:00
Prezo:
De balde
Etiquetas de Actividade:
, , , , ,
Web:
http://delingua.santiagodecompostela.gal/actividades

Lugar

Espazo Apego
Rúa da República do Salvador, 12 - entresollado
Santiago de Compostela, A Coruña 15701
+ Google Map
Teléfono:
981542409
Web:
delingua.santiagodecompostela.gal

Pin It on Pinterest