Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Descubro a lingua creando – Espazo Apego de Santiago de Compostela

08/06/2020|17:00 - 19:00

De balde
descubro-a-lingua-creando

Tempo de xogos guiados sobre lingua e cultura galegas para para contribuír á integración de nenos e nenas provenientes doutras comunidades lingüísticas.

Mentres construímos trebellos con habilidades manuais e plásticas achegámonos ás tradicións, á cultura popular, aos personaxes e á historia de Galicia: máscaras, xoguetes, instrumentos musicais, agasallos… feitos con materiais naturais e de refugallo.

Dirixido a nenas e nenos de 3 anos en diante a cargo das persoas asistentes ao “Obradoiro de acollemento lingüístico” que se desenvolve simultaneamente no Espazo Apego (actividade de conciliación).

Inscrición previa en dlg@santiagodecompostela.gal xunto coa solicitude para o obradoiro de acollemento lingüístico para persoas adultas (facer figurar o nome e idade das crianzas).

Para poder seguir as normas de hixienización, o acceso ao espazo comezará arredor de vinte minutos antes das actividades. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos). É obrigatorio o uso de máscara en todo o local.

 

Organizador

Concello de Santiago. Lingua Galega
Teléfono:
981542409
Email:
dlg@santiagodecompostela.org
Web:
www.delingua.santiagodecompostela.gal

Lugar

Espazo Apego
Rúa da República do Salvador, 12 - entresollado
Santiago de Compostela, A Coruña 15701
+ Google Map
Teléfono:
981542409
Web:
delingua.santiagodecompostela.gal

Pin It on Pinterest