Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Derriba da lúa – Espazo Apego de Santiago

22/04/2021|17:30 - 18:30

De balde
lua_555x312_0

O xoves hai función no Espazo Apego coa  música e os contiños de Vero Rilo e Sonsoles Penadique!

“Antes do principio do todo había a nada. Despois chegou o vento que moveu a nada. Co movemento saltaron tres chispas: a primeira apagouse e naceu a Lúa, a segunda quedou acesa e naceu o Sol, a terceira comezou a xirar e naceu a Terra. Na terra hai un carballo\No carballo hai un niño No niño hai unha merla que choca tres ovos…” Derriba da lúa é un espectáculo-obradoiro de narración oral e música para arrolar, contar, cantar e xogar xuntas, para soñar e medrar libres coma paxaros, de candeloria a candeloria.

De 0 a 4 anos.

Espazo Apego. Rúa da República do Salvador, 12 – entresollado. 15701 Santiago de Compostela

Para poder cumprir as normas de distanciamento, todas as actividades terán un límite reducido de asistentes e precisarán inscrición previa na páxina web do Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago. Para anotarse cómpre premer no formulario de inscrición e cubrilo. Os formularios estarán habilitados desde unha semana antes de cada convocatoria ata o día anterior á súa data. As prazas iranse asignando por orde de entrada e confirmaranse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado. En caso de querer anular a inscrición, para facilitar que acuda outra persoa da listaxe de agarda, pregámosvos que enviedes un aviso ao noso enderezo electrónico habitual: dlg@santiagodecompostela.gal

Para poder seguir as normas de hixienización, o acceso ao espazo comezará arredor de quince minutos antes de cada actividade. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos e con roupa cómoda). É obrigatorio o uso de máscara.

Detalles

Data:
22/04/2021
Hora:
17:30 - 18:30
Prezo:
De balde
Etiquetas de Actividade:
, , , ,
Web:
http://delingua.santiagodecompostela.gal/inicio

Organizador

Concello de Santiago. Lingua Galega
Teléfono:
981542409
Email:
dlg@santiagodecompostela.org
Web:
www.delingua.santiagodecompostela.gal

Lugar

Espazo Apego
Rúa da República do Salvador, 12 - entresollado
Santiago de Compostela, A Coruña 15701
+ Google Map
Teléfono:
981542409
Web:
delingua.santiagodecompostela.gal

Pin It on Pinterest