Unha excursión a Carballolandia, co Carballo con Botas, con saída da Casa do Concello de Teo en autobús ás 9.30 e regreso ás 19.00 h do sábado, 18 de xuño.
Prazas limitadas a 50 persoas, de balde con inscrición previa.
Inscricións a través de https://www.teo.gal/gl/actividades/apego-excursion-carballolandia
Carballolandia é un espazo natural lúdico situado na parroquia de Mariz, Chantada, formado por unha casiña de madeira enriba dunha árbore, un cinema dentro dun pallar, un horto forestal e unha chousa con xogos tradicionais de madeira, centos de árbores e fauna autóctona.
En Carballolandia agárdanos cine no Cinema Palleiriso, paseo polo sendeiro de Carballolandia con ciclocarros, xogo libre con brinquedos, poesía e música, contos, xogos, subida á casa da árbore, ciclobiblioteca, rocódromo horreoroso, espazo miudiño, pegadas dos animais do bosque… e diversión!
Unha viaxe comunitaria en autobús para as familias do proxecto Apego no que cada familia debe levar o seu xantar e merenda para comer de campo.