Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

De onde veñen os bebés? (e outras preguntas) en Narón

14 Febreiro|18:00 - 18:45

De balde
foto

O rato Fuco é tan curioso como calquera neno. Ultimamente tolea a preguntas a súa amiga Lilí Gruyère. Ela ármase de paciencia e contesta as que sabe e apraza a resposta das que non, gañando tempo para se documentar, mais nunca censura a curiosidade do seu pequeno amigo porque sabe que esta e a motivación son os motores de toda aprendizaxe.

Data: xoves, 14 de febreiro de 2019

Horario: ás 18:00 h (duración aproximada 45 minutos)

Lugar: Biblioteca Municipal Pública de Narón

Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas de 3 a 8 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 25 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.

 Organiza: Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón (proxecto Apego)

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.es

Na inscrición, que se poderá realizar do 4 ao 14 de febreiro, deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

A participación será por estrita orde de inscrición.

Aquí podedes descargar o cartel

 

 

Detalles

Data:
14 Febreiro
Hora:
18:00 - 18:45
Prezo:
De balde
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, , ,

Organizador

Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón
Teléfono:
981337700 (ext1516)

Lugar

Biblioteca Municipal de Narón
R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña + Google Map

Pin It on Pinterest