Unha bolboreta remata a súa metamorfose co son dos instrumentos musicais e embárcanos nunha viaxe arredor do mundo no que descubriremos lugares máxicos.
Lydia Botana (Bolboreta) tráenos as súas historias e a súa música ao Espazo Apego para nenos e nenas a partir de 2 anos.
Inscrición De aquí para alá 10/11/2022
A inscrición está aberta ata as 12 h do día anterior á actividade. Posteriormente confirmaranse as prazas no correo electrónico.