Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Danzacontos, con Laura Martínez Rey

14/12/2019|12:30 - 13:15

De balde
captura-de-ecra%cc%83-2019-10-31-as-14-45-28

Obradoiro; de 0 a 6 anos; ata 20 familias

Nesta actividade viaxamos a un mundo imaxinario utilizando como vehículo un conto e o noso corpo, sentindo que somos as nubes, a chuvia, o lume, as follas que leva o vento… converténdonos en diferentes personaxes, transportándonos a historias máxicas que nos levan a explorar e coñecer a nosa contorna a través do movemento e da lingua.

Levade calzado cómodo ou calcetíns grosos para descalzarvos. Para as familias con bebés, recomendamos levar mochila portabebés para poder movervos libremente e desfrutar mellor da actividade. As familias que tedes nenos ou nenas nas idades das dúas sesións é recomendable que vos apuntedes nesta sesión, a das 12.30 h.

Cómpre inscrición en apuntate.pontevedra.gal

Detalles

Data:
14/12/2019
Hora:
12:30 - 13:15
Prezo:
De balde
Web:
http://apuntate.pontevedra.gal

Organizador

SNL do Concello de Pontevedra
Teléfono:
986863157

Lugar

Casa Azul (Sala Almofrei)
Rúa Sor Lucía
Pontevedra, Pontevedra 36002 Spain
+ Google Map

Pin It on Pinterest