A través do enfoque da crianza respectuosa falaremos sobre como poñer os límites con paciencia e firmeza e aprenderemos ferramentas para educar sen premios nin castigos. Ana Couto é pedagoga especialista en adestramento educativo e de familia e intelixencia emocional. Este obradoiro ten un servizo de ludoteca e bebeteca baixo demanda.
Obradoiro para adultos con Ana Couto con servizo de ludoteca e bebeteca baixo demanda.
Cómpre inscrición en apuntate.pontevedra.gal