Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Corochas – Espazo Apego

29/12/2020|17:00 - 18:00

De balde
Corochas_Xarope_Tulú

ESPECIA NADAL!

Corochas é un espectáculo de pequeno formato de Xarope Tulú dirixido á primeira infancia (0-3 anos), que combina a narración oral, a manipulación de obxectos e  a música. A través do conto acumulativo, da canción e do xogo de imitación viaxaremos por diversas paisaxes e coñeceremos personaxes estrafalarias que deben resolver múltiples enredos.

Por que será que existen tantos xeitos de chamarlles ás corochas? Pode ser que a sensación para cada unha de nós é tan diferente que non somos quen de lles poñer un nome só? Ou será que as corochas só existen á beira do mar e as cóxegas no alto da montaña… Os contos ás veces son coma as corochas, fannos viaxar a lugares onde normalmente non chegamos ou a partes do corpo ás que non lles poñemos atención.

De 0 a 3 anos

Para poder cumprir as normas de distanciamento, todas as actividades terán un límite reducido de asistentes e precisarán inscrición previa na páxina web do Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago delingua.santiagodecompostela.galPara anotarse cómpre ir á sección de actividades, entrar na escollida, premer no formulario de inscrición e cubrilo. Os formularios estarán habilitados desde unha semana antes de cada convocatoria ata o día anterior á súa data. As prazas iranse asignando por orde de entrada e confirmaranse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado. En caso de querer anular a inscrición, para facilitar que acuda outra persoa da listaxe de agarda, pregámosvos que enviedes un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal

Para poder seguir as normas de hixienización, o acceso ao espazo comezará arredor de vinte minutos antes de cada actividade. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos e con roupa cómoda). É obrigatorio o uso de máscara.

Detalles

Data:
29/12/2020
Hora:
17:00 - 18:00
Prezo:
De balde
Etiquetas de Actividade:
, , , , ,
Web:
http://delingua.santiagodecompostela.gal/inicio

Organizador

Concello de Santiago. Lingua Galega
Teléfono:
981542409
Email:
dlg@santiagodecompostela.org
Web:
www.delingua.santiagodecompostela.gal

Lugar

Espazo Apego
Rúa da República do Salvador, 12 - entresollado
Santiago de Compostela, A Coruña 15701
+ Google Map
Teléfono:
981542409
Web:
delingua.santiagodecompostela.gal

Pin It on Pinterest