Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

As cores de Lidia Pena en Narón

18 Outubro|17:30 - 18:30

De balde
dossier

Hai moito, moito tempo, cando as cores non tiñan nin nome, os incoloros foron os que decidiron dar nome e características a cada unha delas. Dúas decidiron revelarse para defender o seu dereito a ser libres! Cal será o seu segredo?

As cores é un contacontos cunha primeira parte de dinámicas grupais no que se traballarán varios conceptos, especialmente a igualdade, e no que tamén se introduce a lingua de signos. A sesión rematará cun obradoiro no que se elaborará un mural colectivo.

 

Data: venres, 18 de outubro de 2019

Horario: 1ª sesión ás 17:30 h e 2ª sesión ás 19:00 h (duración aproximada 45 minutos)

Lugar: centro cívico social de San Xiao de Narón

Destinatari@s: nenos e nenas de 3 a 8 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 30 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón (proxecto Apego)

 

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.es

Na inscrición, que se poderá realizar do 14 ao 18 de outubro, deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

A participación será por estrita orde de inscrición.

Podedes descargar o cartel aquí

Detalles

Data:
18 Outubro
Hora:
17:30 - 18:30
Prezo:
De balde
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, , , ,

Organizador

Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón
Teléfono:
981337700 (ext1516)

Lugar

Centro cívico social de San Xiao
Lugar da Igrexa, s/n
Narón, A Coruña 15578
+ Google Map

Pin It on Pinterest