Nestes 12 Doces do Outono tamén nos acompañarán Gloria Mosquera (Mamá Cabra) e Diego Maceiras cos Contos para un mundo mellor.
Trátase dun espectáculo de contos e cantos nos que se tratarán temas como o medo, o coidado da natureza, o acoso escolar, o saber dicir “non”… para facer reflexionar sobre a importancia da empatía, da prudencia, da superación persoal, da cooperación e da resposabilidade como necesarios mecanismos de paz e felicidade.
A partir de 2 anos
Entrada libre ata completar a capacidade da sala
Despois do espectáculo haberá unha degustación de doces do outono