Contos para un mundo mellor da man de Gloria Mosquera (Mamá Cabra) e Diego Maceiras.
Espectáculo de contos e cantos no que se tratarán temas como o medo, o coidado da natureza, o acoso escolar, o saber dicir “non”… para facer reflexionar sobre a importancia da empatía, da prudencia, da superación persoal, da cooperación e da resposabilidade como necesarios mecanismos de paz e felicidade.
Para nenos e nenas de 3 a 8 anos.
Entrada libre ata completar a capacidade da sala