Cando abres ben as orellas poderás escoitar historias de xigantes e ananos, bruxas e trasnos, apócemas máxicas, viaxes marabillosas, princesas e dragóns…
Queres abrir moito, moito as orellas para viaxar por este mundo máxico?
Este contaconto recomendado dos 4 anos en diante vai ser signado por XOGA (Organización de Diversidade Sensorial de Galicia) e está patrocinado polo programa Ler conta moito da Xunta de Galicia.