Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Contos para bebés en Narón

10/11/2017|17:30 - 18:00

De balde
contos-bebes-pavis

Trátase de sesións nas que os participantes escoitarán pequenas historias apropiadas para as primeiras idades, historias que falan das cousas cotiás enlazadas con ditos e cancións tradicionais e algunha composta adrede para estas funcións. As cores, as formas, os sons, o xogo e o ritmo conforman o seu eixo.  Estas sesións van dirixidas aos bebés que poderán seguila dende o colo da súa nai, pai ou adulto que os acompañe e tamén a calquera cativo de até 4 anos que poderá gozar igualmente destas pequenas historias e xogos.

Pavís Pavós ademais de ter unha grande experiencia como contadores de historias para público infantil, traballa principalmente con contos en galego e trata de recuperar contos, adiviñas, refráns, fraseoloxía e xogos propios da nosa tradición.

Data: 10 de novembro de 2017

Horario: 1ª sesión ás 17:30 h e 2ª sesión ás 18:30 h

Lugar: centro cívico social do Alto

Destinatari@s: nenos e nenas de 0 a 4 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 20 nen@s por sesión, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.

Inscrición: actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.es. Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

A participación será por estrita orde de inscrición.

Detalles

Data:
10/11/2017
Hora:
17:30 - 18:00
Prezo:
De balde
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, , ,
Web:
http://www.naron.es

Organizador

Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón
Teléfono:
981337700 (ext1516)

Lugar

Local social do Alto do Castiñeiro
R/Manuel Antonio, nº7
Narón, 15570
+ Google Map

Pin It on Pinterest