
O ilustrador Marc Taeger e o contador de contos Caxoto executan este man a man escénico nun perigoso experimento que non foi autorizado por ningunha autoridade competente.
Un espectáculo participativo cheo de vitalidade, situacións esperpénticas, personaxes inesquecibles, creatividade desbordada, algunha que outra liorta escénica e moitísima diversión.
Para familias con crianzas a partir de 3 anos.
Inscrición: do 27 de nomvembro ao 3 de decembro enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal