
Actividade de contos contados, formación e exposición de libros para crear comunidade arredor da lectura. Crianzas e persoas adultas comparten historias con música en directo nun espazo vivo, participativo e cheo de afecto. A sesión inclúe unha coidada selección de libros, para crear curiosidade arredor da lectura. Unha experiencia viva e participativa para gozar xuntas e saír con moito conto enriba.
Público familiar.
Inscrición previa a partir do 25 de maio no correo: gnl@ferrol.es
Entrada de balde ata completar a capacidade do local.
Lugar Centro Cívico Caranza. Dar: 9 de xuño Horario: 18 h