
Unha actividade que combina conto contado, formación e exposición de libros para crear comunidade arredor da lectura. Crianzas e persoas adultas comparten historias con música en directo nun espazo vivo, participativo e cheo de afecto. A sesión inclúe unha coidada selección de libros, para crear curiosidade arredor da lectura.
Unha experiencia viva e participativa para gozar xuntas e saír con moito conto enriba.
Público familiar
Inscrición previa: do 15 ao 22 de abril enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal