Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

“Cóntame un conto” en Oleiros

19/02/2019|19:00 - 21:00

De balde
ramironeira

Neste obradoiro para contar contos Ramiro Neira dará ferramentas para narrar historias infantís ás nais, aos pais e a todas aquelas persoas que o desexen. Para os nenos e nenas é moi importante escoitar eses contos, esas historias, un xeito de transmitir a lingua e de fomentar a lectura nos nenos e nenas, á vez que se potencia a súa creatividade e alimenta a súa imaxinación. E sobre todo é fundamental que sexan contados por aquelas persoas que pasan coas crianzas a maior parte do día, nais, pais, avoas, avós, profesoras, profesores… Pois os contos que de verdade importan, os que recordarán toda a vida, son os contados polas persoas queridas.

Cóntame un conto desenvolverase en dúas sesións, o 19 e o 21 de febreiro de 19.00 a 21.00 horas, nas Torres de Santa Cruz e culminará cun acto o Día de Rosalía no que poderán participar aquelas persoas que o desexen.

As persoas interesadas en acudir poderán facelo inscribíndose ata o luns 18 de febreiro, terán preferencia as persoas do Apego de Oleiros ata o venres 15 de febreiro e as mestras e mestres das escolas infantís do Concello. A inscrición farase por correo electrónico a l.filloy@oleiros.org ou chamando ao 981 610 000 (ext.4905) e achegaranse os seguintes datos: nome, apelidos, data de nacemento, enderezo, enderezo electrónico e deberase indicar se pertence ao Apego ou se é profesora ou profesor dunha escola infantil.

Detalles

Data:
19/02/2019
Hora:
19:00 - 21:00
Prezo:
De balde
Actividade Categories:
, , ,
Etiquetas de Actividade:
, ,

Pin It on Pinterest