Cargando Actividades

« All Actividades

Contacontos musicais para bebés de Musicreques en Narón

25 Outubro|17:00 - 18:00

De balde
contacontos_musicais

Contos, escritos por Loreto Pérez e ilustrados por Alma Cendán, para entreter, divertir, soñar, educar e reflexionar, con música en directo ao piano e acompañados de efectos musicais, cancións, manipulación de obxectos, ilustración e rimas.

Algúns dos contos que estarán neste espectáculo son: A chicharra Dora, Cada cousa no seu lugar, O caracol viaxeiro, Contamos emocións, A galiña Carmiña, A tola de Lola, Pío e Pía, Xoguemos a adiviñar, A lanchiña do flamenco,…

Data: venres, 25 de outubro de 2019

Horario: 1ª sesión ás 17:00 h e 2ª sesión ás 18:15 h (duración aproximada 45 minutos)

Lugar: centro cívico social Os Irmandiños do Val

Destinatari@s: nenos e nenas de 0 a 3 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 30 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón (proxecto Apego)

 

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.es

Na inscrición, que se poderá realizar do 21 ao 25 de outubro, deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

A participación será por estrita orde de inscrición.

Podedes descargar o cartel aquí

Detalles

Data:
25 Outubro
Hora:
17:00 - 18:00
Prezo:
De balde
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, , , ,

Organizador

Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón
Teléfono:
981337700 (ext1516)

Lugar

Centro cívico social do Val
Vilacornelle, s/n 15541 + Google Map

Pin It on Pinterest