Igualarte vén a Moaña polo Día Mundial das Persoas con Discapacidade. Tráenos unha historia sobre o enriquecemento da diferenza, onde gozar e descubrir a través das sensacións, da música e da interacción artística un mundo igualitario.
Obradoiro interactivo para realizar un complemento personalizado para non esquecer que a diversidade fainos persoas únicas e gozaremos da música e da danza, podendo interactuar coas notas.
Contacontos recomendado a partir dos 3 anos.