Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Construíndo minimundos – Espazo Apego

02/09/2020|17:30 - 19:00

De balde
minimundos

OS MÉRCORES A FAMILIA VAI Á ESCOLIÑA!

Obradoiro e espazo de xogo para gozar e reflexionar ao mesmo tempo sobre a importancia do xogo libre. Este é un xogo de xogos onde xuntando, engadindo, montando e desmontando estimúlase a capacidade de experimentación, imaxinación e superación de retos. Coa guía de Gaia Ecocrianza descubriremos a importancia de que constrúan minimundos!

Familias con crianzas de 4 a 8 anos.

20 prazas

Inscrición previa en dlg@santiagodecompostela.gal (nome completo, idade de cada unha das persoas asistentes e teléfono de contacto). O prazo para inscribirse na actividade comezará ás 00 horas do mércores da semana anterior.

Para poder seguir as normas de hixienización, o acceso ao espazo comezará arredor de vinte minutos antes da actividade. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos). Recoméndase acudir con roupa cómoda. É obrigatorio o uso de máscara en todo o local.

Detalles

Data:
02/09/2020
Hora:
17:30 - 19:00
Prezo:
De balde
Actividade Categories:
,
Etiquetas de Actividade:
, , , ,
Web:
http://delingua.santiagodecompostela.gal/actividades

Organizador

Concello de Santiago. Lingua Galega
Teléfono:
981542409
Email:
dlg@santiagodecompostela.org
Web:
www.delingua.santiagodecompostela.gal

Lugar

Espazo Apego
Rúa da República do Salvador, 12 - entresollado
Santiago de Compostela, A Coruña 15701
+ Google Map
Teléfono:
981542409
Web:
delingua.santiagodecompostela.gal

Pin It on Pinterest