Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Construíndo minimundos – Espazo Apego

02/12/2020|17:30 - 18:30

De balde
minimundos

OS MÉRCORES A FAMILIA VAI Á ESCOLIÑA!

Mentres as nenas e nenos entre 2 e 6 anos gozan de infinitas posibilidades creativas ao alcance da man, as persoas adultas podemos aprender moito sobre o xogo libre e a súa importancia.

“Construíndo minimundos” é un xogo de xogos onde, xuntando, engadindo, montando e desmontando, se estimula a capacidade de experimentación, imaxinación e superación de retos.

Está deseñado e guiado por Gaia Ecocrianza.

Para familias con nenas e nenos entre 2 e 6 anos.

Para poder cumprir as normas de distanciamento, todas as actividades terán un límite reducido de asistentes e precisarán inscrición previa na páxina web do Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago delingua.santiagodecompostela.galPara anotarse cómpre ir á sección de actividades, entrar na escollida, premer no formulario de inscrición e cubrilo. Os formularios estarán habilitados desde unha semana antes de cada convocatoria ata o día anterior á súa data. As prazas iranse asignando por orde de entrada e confirmaranse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado. En caso de querer anular a inscrición, para facilitar que acuda outra persoa da listaxe de agarda, pregámosvos que enviedes un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal

Para poder seguir as normas de hixienización, o acceso ao espazo comezará arredor de vinte minutos antes de cada actividade. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos e con roupa cómoda). É obrigatorio o uso de máscara.

Detalles

Data:
02/12/2020
Hora:
17:30 - 18:30
Prezo:
De balde
Web:
http://delingua.santiagodecompostela.gal/actividades

Organizador

Concello de Santiago. Lingua Galega
Teléfono:
981542409
Email:
dlg@santiagodecompostela.org
Web:
www.delingua.santiagodecompostela.gal

Lugar

Espazo Apego
Rúa da República do Salvador, 12 - entresollado
Santiago de Compostela, A Coruña 15701
+ Google Map
Teléfono:
981542409
Web:
delingua.santiagodecompostela.gal

Pin It on Pinterest