Un cantante punk e un cantante infantil condenados a compartir escenario acaban creando este delirio musical!
Tras descubrírense e recoñecérense van confluíndo, progresivamente, nun espazo común que dá como resultado este espectáculo musical e de humor para todos os públicos, no que está presente o concepto punk.
O punk é rebeldía, é pensar por ti mesma, é ir a contracorrente e tamén escribir as túas propias cancións, facer a túa banda, atopar a túa personalidade…
…Toda unha oportunidade para pasalo ben en familia!
E como o galego serve para todo, ao rematar haberá un obradoiro guiado polo monotorado da Asociación Cultural Trebellos para que a cativada escriba cartas cos seus desexos ao seres máxicos do Nadal.