Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Concerto-presentación do disco Camiños, de Magín Blanco, en Carballo

16/02/2018|19:00

magin-blanco-caminos

Concerto-presentación do novo disco infantil de Magín Blanco, Camiños, na Libraría Punto e Coma de Carballo

Venres 16 de febreiro | 19.00 h | Libraría Punto e Coma (Rúa Valle Inclán nº 1-3 baixo, Carballo)

Entrada libre e de balde até completar a capacidade do local.

Camiños é a nova aventura de Magín Blanco, un dos máis destacados músicos e compositores de Galicia para o publico infantil. Neste fermoso e completo traballo, Magin xunto ao ilustrador Leandro Lamas, presenta un libro-disco e un espectáculo teatral, no que inicia un novo camiño cheo de aventuras e misterios.

Camiños convértese nunha viaxe e un lugar de encontro e descubrimentos para os nenos e as nenas. A través de cancións, contos, poemas e textos de destacados/as escritores/as galegos/as e da inspirada musica de Magin, os/as mozos/as lectores/as atopan claves e pistas que á vez que lles divirten, contribúen ao seu desenvolvemento emocional.

Camiños é unha metáfora da vida onde conflúen música, teatro, poesía e contos, para estimular e enriquecer a imaxinación e a creatividade da rapazada.

Un libro de 68 páxinas (tapas duras e papel offset), un CD con 13 cancións orixináis e contos e poemas de Carlos Meixide, Víctor F. Freixanes, Ledicia Costas, Francisco Castro, Paula Carballeira, Anxos Sumai, Marta Somoza, María Lado, Antonio García Teijeiro e Eva Mejuto.

Detalles

Data:
16/02/2018
Hora:
19:00
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, , , , ,
Web:
https://www.facebook.com/events/898999383602214/

Organizador

Punto e Coma Carballo
Teléfono:
881 983 358
Email:
carballo@puntoecoma.gal
Web:
https://www.puntoecoma.gal/gl/

Lugar

Punto e Coma Carballo
Rúa de Valle Inclán 1-3
Carballo, A Coruña 15100 Spain
Teléfono:
881 983 358
Web:
https://www.puntoecoma.gal/gl/

Pin It on Pinterest