
Un concerto participativo co que coñeceremos a historia de Landra e a súa viaxe por Galicia nunha folla de carballo, acompañada do amigo Lambón.
Cantar e bailar sen acougo, respectar a natureza, viaxar, aprender lingua de signos e xogar co ritmo da música son parte das propostas deste concerto pensado para o divertimento das crianzas.
Público familiar
Inscrición previa: do 4 ao 11 de xuño enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal