Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Concerto de Mamá Cabra “Paxaro amigo, músicas para a paz” en Vimianzo

23/12/2017|18:00 - 19:00

De balde
2017-cartel-paxaro-amigo

PAXARO AMIGO É un espectáculo no que o teatro e a música xogan xuntos a contar a historia dun ornitólogo que anda á procura dun “paxaro perdido, raro, en extinción”. Foxe das guerras, foxe da xente e atopa nos seus paxaros un recuncho de amor e paz. Polo camiño atopa unha muller misteriosa que a través das súas cancións vai entrando no corazón do ornitólogo, e xuntos descubrirán que: “a paz non hai que buscala nin no ceo, nin nas árbores, nin alén dos mares, a paz está dentro de cada persoa, e cos coidados necesarios crece cada día dentro de nós. Nas cancións hai mensaxes de compartir, de dar abrazos, beixos e apreixóns; de como “mola a amizade” ,e a través delas imos abrindo os camiños da paz …

clip-21-2

As letras das cancións son de Carmen Gil, recoñecida autora a nivel nacional, as músicas de Gloria Mosquera, Mamá Cabra, e están recopiladas xunto con un conto no libro-CD: A bruxa Discordia. Cancións para a paz, editado por Galaxia.

 

Detalles

Data:
23/12/2017
Hora:
18:00 - 19:00
Prezo:
De balde
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, , , ,
Web:
https://youtu.be/pQtjEIxGi2M

Organizador

Concello de Vimianzo
Teléfono:
981716001
Email:
snl@vimianzo.gal
Web:
www.vimianzo.gal

Lugar

Auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo
A Braña s/n
Vimianzo, A Coruña 15129
+ Google Map
Teléfono:
981716001
Web:
www. vimianzo.gal

Pin It on Pinterest