Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Como axudo a Antón? cos Biosbardos – Espazo Apego de Santiago

28 Outubro|17:30 - 18:30

De balde
como-axudo-a-anton

XOVES DE FUNCIÓN!

Este xoves escoitaremos a historia de Antón que, aínda que non o está a pasar moi ben na escola, poderá recibir a nosa axuda a través das reflexións que tiraremos no tempo de faladoiro.

Obradoiro de emocións onde reflexionaremos sobre situacións de acoso escolar e sobre como solucionalas para termos ferramentas ante circunstancias indesexables.

A ilustradora Eva Rieiro complementará a actividade cos lindos trazos que tamén aparecen no libro do mesmo título.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

O prazo para anotarse remata ás 12 h do día anterior á actividade.  As prazas asígnanse por orde de entrada das inscricións e confírmanse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado, unha vez pechado o prazo. En caso de que queden prazas libres, o formulario poderá permanecer aberto un día máis pero é preciso asegurase de que se recibiu a confirmación para poder asistir á actividade.

Para anular a praza ou calquera outra incidencia pregámosvos que enviedes un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal

O acceso ao espazo abre uns quince minutos antes de cada actividade. Aconséllase acudir con roupa cómoda e é obrigatorio o uso de máscara para maiores de 6 anos.

Detalles

Data:
28 Outubro
Hora:
17:30 - 18:30
Prezo:
De balde
Etiquetas de Actividade:
, , , , ,
Web:
http://delingua.santiagodecompostela.gal/

Organizador

Concello de Santiago. Lingua Galega
Teléfono:
981542409
Email:
dlg@santiagodecompostela.org
Web:
www.delingua.santiagodecompostela.gal

Lugar

Espazo Apego
Rúa da República do Salvador, 12 - entresollado
Santiago de Compostela, A Coruña 15701
+ Google Map
Teléfono:
981542409
Web:
delingua.santiagodecompostela.gal

Pin It on Pinterest