Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Cociñando música en Narón

15/06/2018|18:00 - 19:00

De balde
foto-1

En Cociñando música un particular Capitán Garfo prepara un nutritivo e divertido menú musical co que @s nen@s aprenden de forma sinxela e motivadora uns bos hábitos alimentarios, a importancia dun almorzo saudable, a poñer unha mesa ou a facerse amig@s das verduras e ensaladas.

 

Data: venres, 15 de xuño de 2018

Horario: ás 18:00 h (duración aproximada 50 minutos)

Lugar: centro cívico social de Sedes

Destinatari@s: nenos e nenas de 4 a 8 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 30 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.

 

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.es

Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

 

A participación será por estrita orde de inscrición.

 

Aquí podedes consultar todas as actividades programadas desde o SNL do Concello de Narón para os meses de abril, maio e xuño

 

Detalles

Data:
15/06/2018
Hora:
18:00 - 19:00
Prezo:
De balde
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, ,
Web:
https://www.facebook.com/normalizacionlinguisticanaron/

Organizador

Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón
Teléfono:
981337700 (ext1516)

Lugar

Centro cívico social de Sedes
Lugar de Barreiros, s/n
Narón, 15596
+ Google Map

Pin It on Pinterest