Obradoiro gastroliterario con Bolboretas no bandullo.
Mans á masa, que imos xogar coa comida! As letras arrecenden que alimentan e os contos saben que dá gusto.
Neste obradoiro descubriremos que a cociña pode ser un espazo máxico de creación e traballo colaborativo no que grandes e pequenos lograrán un saboroso resultado.
*Inscrición previa do 3 ao 10 de abril. Máximo 20 familias por sesión.
*1ª sesión: 17:00h / 2ª sesión: 18:30h