Na súa andaina polo país adiante Pablo Díaz decatouse da importancia que teñen os xestos manuais e faciais para as nenas e nenos. Por este motivo, partindo das mans como estratexia comunicativa, xorde este novo traballo que nos presenta en Compostela.
De 2 a 6 anos
Entradas á venda en compostelacultura.gal ou no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de venres a sábado e días de evento, de 18 a 21 h). Prezo 4 €. Bono familiar: 12 € (4 entradas)