Un espectáculo polas cancións dos traballos Brinca Vai, Radio Bulebule e Extra. Acompañado dos seus instrumentos, o recoñecido e premiado Paco Nogueiras fará un percorrido por un amplo abano de estilos musicais, dende o techno ao rock, pasando polo reggae ou a música electrónica, aínda que sen esquecer as influencias tradicionais.
Neste “Grandes éxitos” hai retrousos e cancións para participar activamente, bailando sen complexos, acompañando coa voz, coas palmas ou con acenos. Sacaremos a nosa lingua a voar de xeito divertido.
“C@nto contigo” viaxará alí onde alguén queira cantar, rir, bailar ou simplemente escoitar coas mans e as orellas ben abertas! Así que… colle aire, saca o teu mellor sorriso e… cantemos!
A actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora e haberá dous pases:
Haberá que se inscribir previamente no horario escollido en https://www.coruna.gal/lingua/gl/axenda/proximas-inscricions
Pídese puntualidade.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña.