Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

ADIADO!! As necesidades dos bebés – Nai Natura en Compostela

15/04/2020|17:30 - 19:00

De balde
nainatura

Charlas e obradoiros prácticos sobre diferentes aspectos da crianza: seguridade viaria, coleo, aleitamento, nutrición, oferta das escolas infantís municipais, crianza plurilingüe, as vantaxes de medrar en galego, recursos educactivos, educación emocional, como contar contos, a música na crianza, ergonomía e movemento… Os mércores a familia vai á escoliña!

Este mércores falaremos sobre “As necesidades dos bebés” da man de Nai Natura no Espazo Apego!

Contacto, amor, apego seguro, vínculo, sono, alimentación… son factores vitais no desenvolvemento dun bebé san. Pero… que sabemos realmente sobre estas necesidades?

Durante moito tempo pensouse que os bebés eran case como adultos en miniatura e que tiñan que adquirir as súas rutinas de sono, durmir toda a noite, comer cada tres horas… e falábase do “típico bebé que só come e dorme”. Nada máis lonxe da realidade! Que nos di a neurociencia ao respecto? Somos animais mamíferos, polo que nacemos inmaduros. O grao de inmadurez é tal que as nosas crías precisan moitos meses fóra de coidados intensos para o seu pleno desenvolvemento. Saber isto liberaranos de moitas cargas e faranos conscientes de que a demanda de contacto non é un capricho senón unha necesidade para un desenvolvemento óptimo e para chegar a converterse en adultos e adultas emocionalmente saudables.

Dirixido a familias que agardan un bebé e con crianzas de entre 0-3 anos.

Prazas limitadas (15 familias). Asignación por orde de chegada.

Detalles

Data:
15/04/2020
Hora:
17:30 - 19:00
Prezo:
De balde
Etiquetas de Actividade:
, ,
Web:
http://delingua.santiagodecompostela.gal/actividades

Organizador

Concello de Santiago. Lingua Galega
Teléfono:
981542409
Email:
dlg@santiagodecompostela.org
Web:
www.delingua.santiagodecompostela.gal

Lugar

Espazo Apego
Rúa da República do Salvador, 12 - entresollado
Santiago de Compostela, A Coruña 15701
+ Google Map
Teléfono:
981542409
Web:
delingua.santiagodecompostela.gal

Pin It on Pinterest