Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

“A casa encantada de Alí” en Ponteareas

12/05/2018|11:30 - 12:15

De balde
a-casa-encantada-de-ali-cartel
“Alicia chega unha noitiña á súa nova casa, un fogar moi particular que a esperta
con cancións e onde cada paso adiante lle permite descubrir cofres misteriosos
cheos de xogos e ilusións.
Luís Prego e Fabaloba únense nesta historia contada, cantada e mais ilustrada a
través das xanelas dun fantástico Kamishibai. No remate as persoas adultas poden
asistir a unha breve presentación do portal Alí de recursos en galego para a
educación infantil (aliali.gal) e, canda as nenas e nenos, manipular o material
presentado.”
Destinado a familias con nen@s de 0 a 6 anos.
Para vos inscribirdes, mandade un correo cos vosos datos a normalizacionlinguistica@ponteareas.es, chamade ao 986640000 (ext. 2505) ou pasade pola sección de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas.
Non será obrigatorio inscribirvos, mais en caso de alcanzar o límite de prazas, terán preferencia as familias que se rexistrasen primeiro.

Detalles

Data:
12/05/2018
Hora:
11:30 - 12:15
Prezo:
De balde
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, , , , ,

Pin It on Pinterest