Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Casa, casiña, casona en Ames

24 Novembro|18:00 - 19:00

marta-ortiz-21

Espectáculo con Marta Ortiz.

Imos visitar casas grandes, diminutas, casas que caben na man, casas-zapato, casas de fío, casas-maleta que viaxan polo mundo…

Espectáculo baseado no asombro e na transmisión do amor a través da palabra, dos primeiros cantos, xogos, cancións, de dedos, trabalinguas, arrolos, poemas… os cimentos da casa que construiremos ao longo da vida, chea de ventás e de portas para descubrirmos o mundo orgullosos de quen somos.

Podedes inscribirvos na actividade enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal cos seguintes datos:

  • Nome e apelidos das persoas solicitantes
  • Idade das crianzas
  • Teléfono de contacto

O prazo para inscribirse será do 16 ao 23 de novembro.

Detalles

Data:
24 Novembro
Hora:
18:00 - 19:00
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, , , , ,

Organizador

Concello de Ames. Servizo de Normalización Lingüística
Teléfono:
662377215

Lugar

Ames. Pazo da Peregina de Bertamiráns
Travesía de José Luís Azcárraga, , nº 5, Bertamiráns
Ames, A Coruña 15220 Spain
+ Google Map
Teléfono:
662377215

Pin It on Pinterest