Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Casa, casiña, casona de Marta Ortiz en Narón

20 Marzo|17:00 - 17:45

De balde
imaxe

Narración oral, teatro de obxectos e música

Pum, pum!

Quen é? Quen chama á miña casa, casiña, casona?

Imos visitar casas grandes, diminutas, casas que caben na man, casas-zapato, casas de fío, casas-maleta que viaxan polo mundo… Tamén imos coñecer aos seus habitantes: animais que falan, obxectos cotiás e máxicos, familias diversas e asombrosas…

A casa é o símbolo do colo amoroso que nos acolle nos primeiros anos de vida, o colo que nos arrola, abraza e protexe. A casa é o fogar, o centro do mundo na primeira infancia e está chea de portas e ventás que se abren ao mundo e que nos convidan a descubrilo. Cada quen ao seu ritmo, levada pola súa propia curiosidade.

Un espectáculo para primeira infancia e as súas familias baseado no asombro, a transmisión do amor a través da lingua galega e a palabra, dos primeiros cantos xogos, cancións de dedos, trabalinguas, arrolos poemas… que forxan os cimentos da casa que construímos ao longo das nosas vidas.

Data: mércores, 20 de marzo de 2024

Horario: ás 17:00 h (duración aproximada 40 minutos)

Lugar: centro cívico social de San Xiao de Narón

Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas de 0 a 6 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 25 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Apego)

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal

Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

A participación será por estrita orde de inscrición.

Descarga aquí o cartel

Detalles

Data:
20 Marzo
Hora:
17:00 - 17:45
Prezo:
De balde
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, , , , ,

Organizador

Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón
Teléfono:
981337700 (ext1516)

Lugar

Centro cívico social de San Xiao
Lugar da Igrexa, s/n
Narón, A Coruña 15578
+ Google Map

Pin It on Pinterest