A nova proposta do dúo Rilo & Penadique convídanos a unha viaxe polas terras da lusofonía para contar, cantar, bailar e brincar cos contos de tradición oral e a música. Partindo do libro do Zeca Afonso para crianzas recentemente editado polas Escolas de Ensino Galego Semente, Vero Rilo e Sonsoles Penadique empregan esta motivación para afondar nesta tradición veciña. Calvalho Calero no carreiro achéganos diferentes músicas e artistas que empregan a lusofonía como vehículo de expresión, cunha grande variedade de recursos e diversión para as persoas máis pequenas da casa.
Idade: público familiar
Duración: 50min
Dúas sesións: ás 18.00 e ás 19.30 horas. Crianzas gratis