Contacontos ilustrado
Carola, a carteira centola, é un espectáculo no que se mesturan a narración e a ilustración. Trátase dunha historia protagonizada polos mariscos máis habituais da natureza galega (a centola, o lagostino, a vieira, a ameixa, o camarón…), e onde se abordan os instrumentos e xéneros musicais populares e a localización dalgúns dos faros da costa galega. Para rematar, as familias asistentes realizarán un debuxo dunha personaxe da historia.
Data: mércores, 6 de novembro de 2024
Horario: ás 17:00 h (duración aproximada 1 hora)
Lugar: centro cívico social de San Xiao de Narón
Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas de 3 a 6 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 25 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.
Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Apego)
Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal
Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:
A participación será por estrita orde de inscrición.
Descarga aquí o cartel