Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Cantando con raíz de Eduvía en Narón

17 Abril|17:30 - 18:30

De balde
foto-2

Cantando con raíz é unha fórmula marabillosa para que os nenos e nenas se acheguen ao cancioneiro tradicional galego á vez que saborean e gozan das cancións propostas, permitindo recuperar e que non caian no esquecemento estes ditos, recitados e cancións transformándose de novo nun xeito de lecer e de expresión.

Data: venres, 17 de abril de 2020

Horario: ás 17:30 h (duración aproximada 50 minutos)

Lugar: centro cívico social do Val

Destinatari@s: recomendada para nenos e nenas a partir de 3 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 25 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Ensino e Bibliotecas do Concello de Narón (proxecto Apego)

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.es

Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto
  • sesión á que prefire asistir

A participación será por estrita orde de inscrición.

Podedes descargar o cartel premendo aquí

Detalles

Data:
17 Abril
Hora:
17:30 - 18:30
Prezo:
De balde
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, , , ,

Organizador

Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón
Teléfono:
981337700 (ext1516)

Lugar

Centro cívico social do Val
Vilacornelle, s/n 15541 + Google Map

Pin It on Pinterest