Canta buguina, canta, de Marta Ortiz, este venres en Ponteareas
Auditorio municipal
Actividades para nenas e nenos de ata 6 anos.
As máis pequerrechas e pequerrechos poderán desfrutar de “Canta buguina, canta!”, narración oral para a primeira infancia na que as nenas e nenos, da man de Marta Ortiz comezarán unha viaxe polo mar, cantarán cancións e na que se recrearán animais con obxectos, barcos e illas de papel, un mar de tea ao son da música e das palabras.
É necesaria a reserva de praza en lingua@ponteareas.gal