Os Martes de Contos do mes de xullo compostelán seguen a agasallarnos historias, desta volta relacionadas co emocionario que achega Marta Ortiz nun formato para as máis cativas de narración e manipulación.
Soprando a buguina comezaremos a viaxe dos sentidos nun barquio de pau. Nesta viaxe recitaranse poemas, xogarase coas palabras, debuxaranse ideas e transitarase o emocionario. Un completo xogo imaxinativo para recrear o mundo martimo!
De 0 a 6 anos
Recoméndase levar unha esteira ou toalla para sentar no chan