Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

As cancións da casa da miña avoa de Xabi Longueirón en Narón

27/11/2024|17:00 - 18:00

De balde
cartaz-xabi-longueiron-as-cancions-da-casa-da-mina-avoa-2024

Narración oral e música infantil

A través dun conto coñecemos como un neno se marcha a vivir a casa dos avós durante unha tempada. Alí descubrirá a música e a composición. Pouco a pouco vai aprendendo a tocar a guitarra e a pandeireta, coñecemento que lle axuda a crear as súas cancións.

O ambiente íntimo, case de confidencia, e a alegría de compoñer melodías acompañan o espectáculo desde o comezo ata o final.

Data: mércores, 27 de novembro de 2024

Horario: ás 17:00 h (duración aproximada 1 hora)

Lugar: centro cívico social de San Xiao de Narón

Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas de 2 a 6 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 25 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Apego)

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal

Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

A participación será por estrita orde de inscrición.

Descarga aquí o cartel

Detalles

Data:
27/11/2024
Hora:
17:00 - 18:00
Prezo:
De balde
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, , , ,

Organizador

Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón
Teléfono:
981337700 (ext1516)

Lugar

Centro cívico social de San Xiao
Lugar da Igrexa, s/n
Narón, A Coruña 15578
+ Google Map

Pin It on Pinterest