Contacontos musical de Música Miúda, baseado no libro-disco da banda editado por Galaxia.
Houbo unha vez un lobo feroz e unha nena asustada. Houbo tamén unha avoa indefensa e unha madrasta malvada… Sempre a mesma leria… ou non? Aquí, dámoslle a volta! Vinde cambiar o conto connosco!
Data: sábado, 25 de novembro
Horario: 17:00 h (duración aproximada 40 minutos)
Lugar: salón de actos do Concello de Carnota
Persoas destinatarias: espectáculo recomendado para nenas e nenos a partir dos 3 anos e as súas familias. A entrada é libre e de balde.
Organiza: Servizo de Normalización Lingüística do agrupamento dos concellos de Carnota e Mazaricos.