Un espectáculo sobre rodas
CA BICI VAI SUBINDO E BAIXANDO
CA BICI VAI DE ACÓ PARA ALÁ
CA BICI VAI CARRETANDO AS HISTORIAS
CA BICI VAI A GOLPE DE PEDAL
CABICIVAI é un espectáculo de narración oral sobre rodas.
Unha bicicleta, un kamishibai e tres caixóns dos que pode saír calquera cousa!
Data: sábado, 6 de abril
Horario: 17:30 h (duración aproximada de 40 minutos)
Lugar: salón de actos do Concello de Carnota (Casa do Concello)
Destinatari@s: recomendado para nenas e nenos dende os 3 anos coas súas familias.
Organiza: Servizo de Normalización Lingüística do agrupamento dos concellos de Carnota e Mazaricos.
Entrada libre e de balde.