Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Brinca Vai! de Paco Nogueiras en Moaña

27/09/2019|18:00 - 19:00

brinca-vai

Acompañade ao músico e actor Paco Nogueiras cos seus instrumentos e a súa querida “Máquina” nunha divertidísima viaxe chea de humor, baile e cancións.

As alegrías, as amizades, os libros, a poesía, a ecoloxía, as festas do ano (o Magosto, o Samaín, o Entroido, o Nadal) e o respecto á nosa lingua serán parte da equipaxe.

Unha fantástiva oportunidade de brincar e pasalo ben cos amigos e amigas nun particular camiño onde a música soa con forma de sorriso.

Brinca Vai! De aquí a acolá e un espectáculo baseado no libro-cd-DVD “Brinca Vai!”, editado por Kalandraka Editora, no que se combinan cancións, animacións e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos.

Esta actividade vai ser signada por Xoga (Organización de Discapacidade Sensorial de Galicia), e dicir, vai contar cunha persoa intérprete en lingua de signos.

Detalles

Data:
27/09/2019
Hora:
18:00 - 19:00
Etiquetas de Actividade:
, , , , , ,

Lugar

Centro Sociocultural Rosalía de Castro
A Costa, 10, Domaio
Moaña, Pontevedra 36957
+ Google Map

Pin It on Pinterest