Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Brilla brilla de Trémola Teatro en Narón

05/10/2022|18:00 - 18:30

De balde
brilla-brilla-1280x720

Teatro sensorial para bebés da man de Trémola Teatro

A estreliña Vela está moi triste porque aínda non aprendeu a brillar, pero grazas á axuda da súa amiga Lyra e do montón de cousas divertidas que lle levou para xogar poderán conseguir que Vela brille por fin?

Brilla brilla é una obra de teatro sensorial para bebés que lles fará comprender o valor da amizade a través de diferentes elementos sensoriais (confete, luz led, instrumentos…). Os máis pequenos da casa gozarán desta emocionante aventura.

Data: mércores, 5 de outubro de 2022

Horario: ás 18:00 h (duración aproximada 30 minutos)

Lugar: centro cívico social do Alto do Castiñeiro

Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas de 6 meses a 4 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 25 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Ensino e Bibliotecas do Concello de Narón (proxecto Apego) 

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.es

Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

A participación será por estrita orde de inscrición.

Podes descargar aquí o cartel

 

Detalles

Data:
05/10/2022
Hora:
18:00 - 18:30
Prezo:
De balde
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, , , ,

Organizador

Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón
Teléfono:
981337700 (ext1516)

Lugar

Centro cívico social do Alto do Castiñeiro
R/Manuel Antonio, nº7
Narón, A Coruña 15570
+ Google Map
Web:
https://www.facebook.com/avvalto/

Pin It on Pinterest