
Contactamos co acervo e a cultura mediante a oferta de espectáculos ou contidos executados por especialistas e en diversos formatos.
Xoves 8. “Bichocas”, de Xarope Tulú (de 0 a 3 anos)
Neste espectáculo, conducido por Atenea García, de Xarope Tulú, viaxaremos cos obxectos e a palabra a través do mundo animal. Coas protagonistas das historias aprenderemos a importancia de sermos diversas e a posibilidade de compartir coas demais os afectos. Entre os obxectivos do espectáculo están estimular a creatividade individual e colectiva, incentivar á observación activa das crianzas, favorecer a socialización en galego na primeira infancia e recoñecer a riqueza léxia do noso idioma.
O prazo para anotarse remata ás 12 h do día anterior á actividade. As prazas asígnanse por orde de entrada das inscricións e confírmanse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado, unha vez que se cerrou o prazo.
Para anular a praza ou calquera outra incidencia cómpre enviar un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal.
Pregamos que acuda como máximo unha persoa adulta por crianza.